Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
Análisis y comparativas
Eventos GuíasNo hay páginas en esta sección.
No hay páginas en esta sección.
¡Esta es una revisión vieja del documento!
Durante os talleres de montaxe da placa ESCORNABOT-HFD puidemos comprobar que para moitos alumnos de ESO e de Bacharelato esta era a primeira ocasión na que facían soldadura electrónica, e que quizá o escornabot non sexa a mellor opción como kit de iniciación pola súa complexidade.
Con tal motivo desenvolvimos un pequeno kit de iniciación, sinxelo e de baixo custo, para poder facer e ensaiar unas cantas soldaduras antes de empezar cun proxecto máis complexo. Para empezar a soldar pensamos que é moi útil ter a man a unha guía como esta
Grazas ao convenio AGUSL entre a Xunta de Galicia a través da AMTEGA e diversas asociacións e grupos de usuarios de software libre en Bricolabs puidemos cubrir os gastos asociados ao desenvolvemento e probas do proxecto e unha pequena tirada de kits.
O circuíto da bricobadge é simple. Ten só 8 compoñentes electrónicos e unha pila CR2032. Na escuridade acende un par de LED, e cando hai luz apágase e ten un consumo moi contido. A placa de circuíto impreso está realizada con Kicad, unha ferramenta libre e de código aberto con licencia GNU GPL v3.
R1: 22K 1/4W (vermello, vermello, laranxa) R2: 220 1/4W (vermello, vermello, laranxa) R3: 220 1/4W (vermello, vermello, negro) R4: Resistencia LDR Q1: D1: Diodo LED 5mm ø, calquera cor ou con cambio de cor automática D2: Diodo LED 5mm ø, calquera cor ou con cambio de cor automática BT1: Pila CR2032 con portapilas
Procura verificar cada paso dúas veces antes de soldar. Soldar é fácil, pero corrixir os erros moitas veces é truculento, difícil e aburrido.
Empezamos polas resistencias R1 a R4. Dobra os terminais moi preto do corpo da resistencia e introdúceos a través dos buracos correspondentes. Se abres lixeiramente as patas de cada compoñente non caerá ao darlle vólta á placa.
Suelda unha pata de cada compoñente. Presiona o soldador quente cun pouco de forza sobre a placa e o terminal do compoñente para asegurar unha boa transferencia de calor. Aplica suficiente estaño para que o terminal quede unido ao buraco. Se pos demasiado estaño pode saír pola parte de abaixo da placa (non é bo). Se aplicas pouco poderás ver a través do buraco. Se a soldadura non queda brillante posiblemente é debido a que é unha “soldadura fría” e pode non facer bo contacto. Aplica de novo o soldador uns segundos pero non engadas máis estaño.
Comproba que as resistencias quedan pegadas á placa. En caso contrario quenta o terminal e corrixe a posición con coidado de non queimarche. Cando todos estean o seu sitio suelda o outro terminal de cada compoñente.
Corta os terminais por abaixo da placa o máis a nivel posible (isto é necesario para que logo a pila encaixe ben no seu sitio).
Introduce o transistor seguindo o debuxo da placa. Suelda un terminal, comproba e no seu caso corrixe a posición e suelda os outros terminais.
Introduce os dous LED seguindo o debuxo da placa. En caso de dúbida, o terminal curto (o cátodo) quedan na parte de arriba cando podes ler a palabra Bricolabs. Suelda un terminal. Comproba e corrixe a posición e suelda o outro terminal. Curta a nivel os terminais do transistor e os dos LED
a
a
a
En toda a descrición imos manter a placa de circuíto impreso (PCB) nunha posición que chamaremos “natural”, por darlle un nome. Nas fotos pódese ver que está apaisada, cos conetores dos motores á dereita e o interruptor á esquerda.
Soldar é fácil. Pero se nunca soldaches antes é unha boa idea que lle botes antes unha ollada a **un manual coma este** e que practiques un pouco soldando uns compoñentes nunha placa de puntos, ou mellor, que montes un pequeno kit de iniciación á soldadura. En Bricolabs preparamos un pequeno kit e unhas instrucións para soldalo que podes atopar aquí.
É importante que comprobes dúas veces cada paso antes de soldar, porque corrixir os erros adoita ser truculento, laborioso e aburido.
É aconsellable soldar os compoñentes con perfil máis baixo primeiro (os que menos altura teñen sobre o plano da PCB) e logo seguir cos máis altos. Isto permítenos que os compoñentes non se movan nin caian cando apoiamos a placa contra a mesa.