Isto amosa as diferenzas entre a revisión seleccionada e a versión actual da páxina.
Both sides previous revisionPrevious revisionNext revision | Previous revision | ||
gl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/19 21:14] – Xosé Pérez | gl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/20 19:04] (actual) – eliminado Xosé Pérez | ||
---|---|---|---|
Liña 1: | Liña 1: | ||
- | ======= Oshwi: | ||
- | {{: | ||
- | |||
- | Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da [[https:// | ||
- | |||
- | Despois da [[https:// | ||
- | |||
- | ======Equipo: | ||
- | |||
- | * [[https:// | ||
- | * [[https:// | ||
- | |||
- | ======Lista de materiais: | ||
- | |||
- | * Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho. | ||
- | * Entretea adhesiva para ferro de pasar (// | ||
- | * Fío costura azul de cor similar á tea. | ||
- | * // | ||
- | * Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo. | ||
- | * Fío conductivo: utilizamos o High-Fles 3981 de Karl Grimm pero [[http:// | ||
- | * Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo). | ||
- | * Neopixels: utilizamos [[https:// | ||
- | Pinzas de cocodrilo: https:// | ||
- | * Sensor Ultrason [[https:// | ||
- | * 2 Resistencias 10 K Ohm. | ||
- | * Cable eléctrico . | ||
- | * TuboTermoretarctil. | ||
- | * Pinzas crocodilo: | ||
- | * Varilla aluminio oca de 6mm | ||
- | * PLA branco e negro | ||
- | |||
- | ======Ferramenta: | ||
- | |||
- | * Tesoura de tea | ||
- | * Xiz ou alfinetes | ||
- | * Máquina de coser | ||
- | * Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas. | ||
- | * Impresora 3D | ||
- | * Alicates | ||
- | * Soldador | ||
- | * Ferro de pasar(// | ||
- | |||
- | ======Confección do boneco en tea:====== | ||
- | |||
- | =====Patronaxe: | ||
- | |||
- | Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos. | ||
- | |||
- | [[https:// | ||
- | |||
- | =====Costura: | ||
- | |||
- | - Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR. | ||
- | - Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos | ||
- | - Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza. | ||
- | - Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. **OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!** | ||
- | - Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo. | ||
- | - Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta. | ||
- | - Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao dino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberúas ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo. | ||
- | |||
- | <WRAP tip> | ||
- | Tentaremos icluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto. | ||
- | </ | ||
- | |||
- | =====Recheo: | ||
- | |||
- | Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais: | ||
- | |||
- | *Na cabeza, recheo de coxín ou // | ||
- | |||
- | {{: | ||
- | |||
- | *Nos tentáculos, | ||
- | |||
- | {{: | ||
- | |||
- | Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe. | ||
- | |||
- | =====Os ollos: impresión 3D e Neopixels===== | ||
- | |||
- | Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Podedes descargar os arquivos STL de [[https:// | ||
- | |||
- | Están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas. | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos pon os aneis de Neopixels. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. Fixa os aneis no seu lugar cunhas puntadas de fío (si, é máis xeitoso que coa cola quente!) e, feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. Podes axudarte das agullas curvas. | ||
- | |||
- | ======Instalando o cerebro: a base de fieltro====== | ||
- | |||
- | Nós optamos por colocar a placa, a [[https:// | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe. Podes desargar a plantilla [[https:// | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels. | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | ======Coser os tentáculos: | ||
- | |||
- | Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados: | ||
- | |||
- | Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad. | ||
- | |||
- | {{: | ||
- | |||
- | ======Sensor de ultrason: | ||
- | |||
- | A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor deste tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos [[https:// | ||
- | |||
- | Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar unha “ñ” para imprimir onde poder aloxar o sensor. Podedes descargalo de[[https:// | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de alumino de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior. | ||
- | |||
- | {{ : | ||
- | |||
- | Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables | ||
- | |||
- | Para conectalos á placa optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND. | ||
- | |||
- | ======Programación: | ||
- | |||
- | No artigo do [[https:// | ||
- | |||
- | Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa. | ||
- | |||
- | {{ youtube> | ||
- | |||
- | Podedes consultar os códigos dos programas nestes enlaces: | ||
- | *[[https:// | ||
- | *[[https:// | ||
- | |||
- | E valaquí o resultado final: | ||
- | |||
- | {{ youtube> | ||
- | |||
- | Ata aquí este titorial. Agardamos que sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar |