Isto amosa as diferenzas entre a revisión seleccionada e a versión actual da páxina.
| Both sides previous revisionPrevious revisionNext revision | Previous revision | ||
| gl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/19 20:02] – Xosé Pérez | gl:proyectos:oshwi_de_tea [2018/11/20 19:04] (actual) – eliminado Xosé Pérez | ||
|---|---|---|---|
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | ======= Oshwi: | ||
| - | {{: | ||
| - | |||
| - | Oshwi, deseñado por Natalia Gómez, é a mascota da [[https:// | ||
| - | |||
| - | Despois da [[https:// | ||
| - | |||
| - | ======Equipo: | ||
| - | |||
| - |   * [[https:// | ||
| - |   * [[https:// | ||
| - | |||
| - | ======Lista de materiais: | ||
| - | |||
| - | * Tea azul de punto de 70 cm de longo e 120 cm de ancho. | ||
| - |   * Entretea adhesiva para ferro de pasar (// | ||
| - | * Fío costura azul de cor similar á tea. | ||
| - |   * // | ||
| - | * Arroz, alpiste ou algúnha outra semente seca para recheo. | ||
| - |   * Fío conductivo: utilizamos o High-Fles 3981 de Karl Grimm pero [[http:// | ||
| - | * Corchetes metálicos (podedes ver cales nunha imaxe máis abaixo). | ||
| - |   * Neopixels: utilizamos [[https:// | ||
| - | Pinzas de cocodrilo: https:// | ||
| - |   * Sensor Ultrason [[https:// | ||
| - | * 2 Resistencias 10 K Ohm. | ||
| - | * Cable eléctrico . | ||
| - | * TuboTermoretarctil. | ||
| - |   * Pinzas crocodilo: | ||
| - | * Varilla aluminio oca de 6mm | ||
| - | * PLA branco e negro | ||
| - | |||
| - | ======Ferramenta: | ||
| - | |||
| - | * Tesoura de tea | ||
| - | * Xiz ou alfinetes | ||
| - | * Máquina de coser | ||
| - | * Agullas de coser: utilizamos algunhas co ollo largo para que entre o fío conductivo (agullas de bordar n.º 9). Para os ollos mellor conseguir agullas curvas. | ||
| - | * Impresora 3D | ||
| - | * Alicates | ||
| - | * Soldador | ||
| - |   * Ferro de pasar(// | ||
| - | |||
| - | ======Confección do boneco en tea:====== | ||
| - | |||
| - | =====Patronaxe: | ||
| - | |||
| - | Descarga e imprime os patróns (A1) e recorta as pezas pola liña de puntos.  | ||
| - | |||
| - | [[https:// | ||
| - | |||
| - | =====Costura: | ||
| - | |||
| - | - Estira a tea e pega a entretea polo revés do tecido. Fíxate ben en que o pegamento estea en contacto con el. Pégao pasando o ferro pola entretea SEN VAPOR. | ||
| - |   - Dobra o tecido pola metade e distribue nel as pezas do patrón. Marca cun xiz o contorno ou préndeos con alfinetes. Logo recorta cada peza. Recorda que precisamos  | ||
| - |   - Monta as dúas pezas da cabeza coa entretea cara fóra e hilvana ou pon alfinetes no tronco e na cabeza.  | ||
| - | - Cose coa máquina, ou se non sabes, a man, deixando unha costura de 5 mm aproximadamente. **OLLO, NON COSAS AÍNDA OS TENTÁCULOS!** | ||
| - | - Coloca as pezas soltas dos tentáculos A e B enriba do seu correspondente tentáculo ca peza C e hilvana ou pon alfinetes. Cose do mesmo xeito deixando a mesma costura de 5 mm. Ao rematar este punto terás só sen coser os triángulos que cerran o boneco por abaixo. | ||
| - | - Antes de dar a volta ao boneco, fai uns piquetes (pequenos cortes) nos lugares marcados no patrón en forma de T. Son cortes de 3 ou 4 mm, non poden chegar a cortar a costura. Estes cortes serven para que o tecido non tire ao darlle a volta. | ||
| - | - Unha vez feitos os piquetes, dalle a volta e axúdate dun lapis ou dun pao dino (palillo chinés) para que nas zonas onde hai vértices a forma quede ben definida. Ao rematar este proceso deberúas ter o boneco montado cunha abertura por abaixo para o recheo. | ||
| - | |||
| - | <WRAP tip> | ||
| - | Tentaremos icluír máis adiante fotos destas primeiras fases do proxecto. | ||
| - | </ | ||
| - | |||
| - | =====Recheo: | ||
| - | |||
| - | Para o recheo utilizamos 2 tipos de materiais:  | ||
| - | |||
| - |   *Na cabeza, recheo de coxín ou // | ||
| - | |||
| - | {{ : | ||
| - | |||
| - | Tentáculos: | ||
| - | |||
| - | 03_recheo | ||
| - | 04_recheo | ||
| - | |||
| - | Unha vez recheado, xa podes coser a man o “cu” do boneco pero deixa un segmento sen coser para continuar coa montaxe. | ||
| - | |||
| - | OS OLLOS: IMPRESIÓN 3D E NEOPIXELS | ||
| - | |||
| - | Nunha primeira versión, puxemos os ollos de fieltro, branco e negro, pero pareceunos unha idea máis interesante imprimilos. Aquí tedes os arquivos STL.   | ||
| - | |||
| - | Como veredes, están impresos en filamento branco con paredes moi finas (0,8 mm) para que deixen pasar a luz dos Neopixels. Para coselos pode vir ben un tipo de agullas curvas. | ||
| - | |||
| - | 06_ollos | ||
| - | |||
| - | Iso si, se queres seguir o noso modelo, antes de coser os ollos situa os aneis de Neopixel. Nós utilizamos os que che deixamos no enlace, só o anel de 8 neopixels para o ollo pequeño e o de 12 neopixels para o ollo maior. Fai un furado e atravesa a cabeza de Oshwi e saca o cable de entrada do anel de 12 neopixels por abaixo, polo segmento do “cu” que deixamos sen coser. Ten conta que os dous aneis queden correctamente conectados e corta o cable de saída do anel máis pequeño para que non estorbe. | ||
| - | |||
| - | Feito isto, xa podes coser os ollos á cabeza. | ||
| - | |||
| - | INSTALANDO O CEREBRO: BASE DE FIELTRO | ||
| - | |||
| - | Nós optamos por colocar a placa, a Circuit Playgroud Express, na parte de atrás do boneco e no corpo de Oshwi. Isto ten as súas avantaxes e inconvintes. Por exemplo, fai máis complicado utilizar o sensor de son, ou a visibilidade dos neopixels que ten integrados na placa. Sen embargo, o deseño é máis limpo e resalta máis calquera xogo que se poda facer cos ollos. Pero iso vai “a gusto do consumidor” ou en función das necesidades. | ||
| - | 07_traseira | ||
| - | |||
| - | En calquera caso, e pensando en utilizar a placa para outros proxectos, optamos por facer un 2 parches de fieltro como os da imaxe.  | ||
| - | 08_parche | ||
| - | 09_parche | ||
| - | |||
| - | Un vai cosido ao boneco e leva unha das partes dos corchetes metálicos. Aí coseremos os fíos conductivos que cheguen dende outras partes. No outro, coa mesma forma, coseremos a placa e, no reverso, a outra parte dos corchetes. Só uniremos os corchetes cos pads da placa que vaiamos precisar. No nosos caso A2, A3, A4 e A7 xa que os A5 e A6 os deixaremos para o ultra son e o A1 para controlar os Neopixels. | ||
| - | |||
| - | 10_cables | ||
| - | |||
| - | COSER OS TENTÁCULOS | ||
| - | |||
| - | Como a nosa idea é aproveitar a capacitividade dos pads da placa, decidimos coser un fío a través dos catro tentáculos dianteiros ata cada un dos pines indicados:  | ||
| - | Para coselos utilizamos, como vedes na imaxe, puntadas longas por encima da tea e unha pequena espiral na punta. Sen que se crucen (moi importante!) levámolos aos corchetes correspondentes a cada pad. | ||
| - | 11_puntadas | ||
| - | 12_puntadas | ||
| - | |||
| - | |||
| - | SENSOR DE ULTRA SON | ||
| - | |||
| - | A “ñ” era o sitio ideal para situal un sensor de este tipo, de tal xeito que ao aproximarte a Oshwi, este respondera dalgún xeito. Buscando documentación atopamos este exemplo na páxina de Adafruit que nos seviu como refencia para conectalo salvando a dificiltade da lóxica de 3.3v e para programalo.  | ||
| - | |||
| - | https:// | ||
| - | |||
| - | Con esta dificultade “salvada” nos decidimos a deseñar unha “ñ” para imprimir onde poder aloxar o sensor. Esta é o arquivo STL | ||
| - | 13_ultrason | ||
| - | |||
| - | Seguindo o esquema do titorial, e para non soldar directamente nos pins do sensor, utilizamos unhas tiras de pines macho-femia que tiñamos pola casa ainda que tería sido máis “curioso” crimpar os cables con terminais DuPont. Para soster a “ñ”, tiramos dun anaco de varilla oca de alumino de 6 mm que tamén tiñamos por casa e que proviña dun vello tendedoiro. Foi ideal para poder pasar os cables por dentro e sacalos pola parte de abaixo como se aprecia na imaxe anterior. | ||
| - | 14_ultrason | ||
| - | |||
| - | Fixemos un furado na parte traseira da cabeza (que rematamos con fío para que non continuase abrindo), introducimos a varilla cos cables e a “ñ” montada. Rematado este proceso xa se pode coser o que queda aberto no “cu” do boneco deixando os cables  | ||
| - | |||
| - | Para conectalos á Playground Express optamos por unhas pinzas de crocodilo unindo os cables de alimentación (a VOUT da placa) e GND. | ||
| - | |||
| - | PROGRAMACIÓN | ||
| - | |||
| - | No artigo Tapiz de electrónica y textiles (https:// | ||
| - | |||
| - | Ademáis do titorial que vos citamos arriba para o HC-SR04, foinos de utilidade este video que explica, dunha maneira moi sinxela, como programar unha tira de Neopixels externa. | ||
| - | https:// | ||
| - | |||
| - | |||
| - | Ata aquí este titorial. Agardamos que sexa de utilidade e que vos inspire a crear, animar e programar  | ||