Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


Barra lateral

Translations of this page:

Páxina principal

Análisis e comparativas

this namespace doesn't exist: gl:analisis_y_comparativas
Documentación
this namespace doesn't exist: documentacion
Eventos Guías Ferramentas
this namespace doesn't exist: gl:herramientas
Información de interese Proxectos > Usuarios
this namespace doesn't exist: gl:user
Varios Wiki Privado old
this namespace doesn't exist: gl:old
admin
this namespace doesn't exist: gl:admin

gl:organizacion:orden

Esta é unha revisión antiga do documento!


BORRADOR

Manteña o caos controlado

Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela.

Normas Xerais

  1. A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade.
  2. Non é un depósito de obxectos que non collen na casa.
  3. Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece.

Estantería Principal

Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización.

Zona de materiais comúns

  • O material desta zona pode ser usado polos socios para os seus proxectos.
  • Todo o material, agás cando o tamaño o impida, deberá estar en caixas. Se a caixa se queda pequena, busca unha máis grande.
  • Como norma xeral, se levas algo, tenta repoñelo ou, se tes algunha outra cousa que poida ser de interese, traena.

Zona de socios

  • Cada socio ou socia poderá dispoñer dunha caixa para almacenar as súas cousas.
  • Para dispoñer de espazo extra, deberá escribir un correo á lista explicando que quere almacenar e o espazo que precisa.
  • Tanto as caixas como o material que estea fóra destas, deberá ter nome e data.
  • As caixas que teñan unha data con 6 meses de antigüedade, previo aviso ao socio mediante correo electrónico, poderán ser baleiradas e o material posto a disposición da asociación.
  • Todo o material que teña unha data con máis de 3 meses de antigüedade, poderá ser posto a disposición de calquera asociado no “recuncho de desbote”.
  • Para renovar unha data, abonda con riscar a última e actualizala.

Zona de proxectos de Bricolabs

  • Nesta zona situaranse proxectos rematados propiedade da asociación.
  • Os asociados poderán acceder a eles, facéndose responsables do seu mantemento.
  • Deberán estar sempre dispoñibles e presentables para os días de portas abertas.

Zona de talleres e materiais da asociación

  • O material desta zona é para desenvolver talleres ou para as distintas actividades de Bricolabs.
  • Deberase contar con autorización dun membro de confianza para dispoñer deste material.
  • Se eres responsable dun obradoiro, saberás qué facer co material, isto é, telo controlado para novas edición.
  • Se non eres responsable dun obradoiro non collas nada, non toques nada. Cortamos deditos

Cousas que queremos ter

Lista de cousas que poden ter interese para Bricolabs, esta lista é cambiante. Se tes algo na casa que non encaixa no que aparece nesta lista, o máis seguro é que sexa mellor que non o traias.

gl/organizacion/orden.1537547411.txt.gz · Última modificación: 2021/04/16 20:38 (edición externa)