Actividades nas que BricoLabs organiza, participa ou colabora.
Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias xunto cós Museos Científicos Coruñeses, é unha festa da ciencia onde estudantes, profesorado, centros educativos e profesorado xúntanse en torno a Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarita co obxetivo de invitar os mais novos a facer ciencia e divertirse con ela. Nesta ocasión BricoLabs tampouco faltou á cita, onde amosamos as nosas creacións mais recentes: escáner 3D Ciclop, robot educativo Escornabot, robot educativo Sapoconcho, robot Wall·E, robots de competicións como o velocista Raptor, robots de sumo, robots sigue líneas e de baixo custe e robots de combate, ademáis da impresión 3D, máquina recreativa, brazo robótico, prótesis impresas e un par de guitarras funcionales construidas con materiais reciclados.